Parga

Submitted by admin on Thu, 10/25/2018 - 21:26

Parga curiosamente denomina a varias parroquias de Guitiriz. Parga, en xeral, ten unha fonda tradición gandeira. Pero aínda hai máis, o que conta a wikipedia:

O topónimo galego Parga pode referirse a:

Véxase tamén

Outros artigos

Ga é un sufixo de notoriedade, que sinala que algo se vende aquí,... Entón a cuestión é que se vende. E imos ao irlandés para sabelo con seguridade.

pár, m. (gs. & npl. páir, gpl. ~).Parchment. Rud a chur ar ~, to put sth. on paper, to record sth.

E que é parchement en inglés? Parchement significa pergamiño.

En Parga, como subproducto da súa gran produción gandeira fabricaban pergamiños como contabamos na entrada pergamiños aquí. No momento en que tales documentos se fabricaban, desde logo na época romana, e quizais na alta Idade Media e, con posibilidade, na época de soberanía celta, xa que se nomean en celta. Todo o mundo sabía que alí onde había un Parga  podían comprarse pergamiños. E xa sabiamos que eses pergamiños eran imprescindibles para deixar escritos os documentos e selados co rón (selo) nesas vilas e parroquias formando parte da organización celta galega. Desde logo, formaba parte da estrutura de nación celta galega.

Eu recomendo que se busque nos mosteiros próximos aos Pargas galegos, ou en calquera lado, os pergamiños que deben existir e que poidesen conter textos en celta galego. Un texto como as glosas de San Millán, ou as glosas irlandesas, contendo textos latinos (ou galegos primitivos) e celtas serían o non vai máis. Alguén sospeitará que eu atopei algúns deses pergamiños e esa é a vantaxe que teño. Poidese ser...