Non serei moi extenso con esa palabra, celta, e mítica, galega, que figura no himno galego. Non sei o seu significado e queda aí, pendente de resolución, por se alguén se lle ocorre o sentido pleno. O sentido orixinal pode ser Breo=facho e gan=sen. É dicir sen facho, no caso de que non fose unha palabra completa e indivisible.
gan, prep. Without. 1. (In general reference lenites b, c, g, m, p)(a) (With concrete noun) Bheith gan chlann, to be without children, childless. gan gharda, without a guard, ...
Os intentos de darlle sentido poderían ir por pensar que os deuses galegos tiñan fachos (nos seus templos) e ese héroe era un home, "sen facho", a pesar que derrotou aos Tuatha de Danaan e repoboou Irlanda.
Nun libro antigo de family names identifican gan -ou gein- con offspring, descendencia. Nese caso Breogán é descendente do facho, de breo, quizais referido ao deus da Luz, Lug. Así di que Brogan. Bro, a hand-mill ; gan, offspring. Offspring of a hand-mill
Aínda que tamén pode vir de
breogán, m. (gs. & npl. -áin, gpl. ~). Crucible. (Crisol)
ou ben vir de
breoga, a3. Fiery. (ardente). Seguro que as preferencias dos galegos van por este significado.
- Log in to post comments