Trasbar e Tras

Submitted by admin on Sat, 10/27/2018 - 16:36

Unha boa mestura de algo que parece latín e celta: tras é medio celta e parecido ao latín e bar é celta. Vexamos as bases de discusión en irlandés:

tras-, pref. Cross-, trans-

tar- » Over-, trans-

barr3, v.t. (vn. ~adh m, gs. & pp. ~tha).1. Top; surpass. Níl fear a bharrtha ann, there is no one to surpass him. 2. (Of nail) Clinch.

Vemos que hai dúas maneiras de dicir tras co prefixo tras e co prefixo tar e ademais explica que digamos tras como conta o dicionario da RAG

trans- prefixo Elemento de orixe latina que entra na formación de palabras cos significados de ‘posición máis aló de’, ‘movemento a través de’ ou ‘cambio de condición’. transalpino, transportar, transversal, transformar. OBSERVACIÓNS: Alterna coa forma tras- traspasar, trasladar.

mentres que tras parece máis celta

tras preposición1 Detrás de. O neno escondeuse tras a porta. Os cans corren tras a lebre. SINÓNIMO tras de2 Despois de. Chegou á meta de segundo, tras o favorito. Tras seis anos de prisión saíu á rúa. SINÓNIMO tras de3 Máis aló de. Tras aqueles montes está Portugal.

Trasbar, xa que logo, é despois da cima.

Onde hai Trasbar?

Pois en Castelo, Cervo e en Dombodán, Arzúa.

Trasbar