Bares

Submitted by admin on Wed, 10/31/2018 - 11:06

Bares é unha palabra que describe moitas cousas en Bares. Segundo a Wikipedia galega

Co topónimo Bares podemos referirnos a varios lugares de Galicia, todos eles no concello de Mañón, na provincia da Coruña:

Véxase tamén

 

Vemos así que Bares é todo: punta, faro, porto, vila, semáforo e aínda base estadounidense.

Entre estes lugares está o significado de Bares en celta: Bar, como non, é a cima celta, Barr. Xusto, xusto, non se fala entre as descricións de Bares de ningunha cima. Si de estaca que se aplica ao cabo máis septentrional da península ibérica. O es final é un is celta, claro. Significado é cima.

A verdade, situámonos hai 2000 anos e miramos cara Bares e  non vemos, nin faro, nin o cabo é sobresaínte, nin hai vila, nin igrexa, nin semáforo, nin base estadounidense. Houston, temos un problema...

Imos aló, coma eu fun este verán e resulta que todo iso existe e está refrexado en novacarta.eu con fotos e todo pero, o fundamental é a enorme e dificil subida/baixada a 30 km/hora para chegar ata o semáforo de Bares, hoxe hotel e antes zona militar que domina, grazas a súa altura, non só as costas de Mañón, senón de Vicedo e Viveiro e máis aló (case desde Cedeira ata Burela, quizais o maior ángulo de visión de costa do norte de Galicia. Por iso era o "semáforo").

Efectivamente o semáforo de Bares  é a cima enorme e de pendente moi pronunciada que deu lugar ao nome "é cima" de Bares. Un bó exemplo de como para entender a toponimia hai que estar alí, vela in situ. A maioría dos que visitan o faro de Bares nunca visitaron esa cima. Nin se sospeita. Eu recomendo a visita para entender Bares, a súa etimoloxía, a pesar do certo medo que produce unha subida tan pronunciada, e, como non, para disfrutar dunha vista inesquecible e única.