Bandúa foi un dos principais deuses dos galaicos e lusitanos, considerado o deus da guerra e vinculado á tradición céltica centroeuropea. Está encadrado polos investigadores como un deus indoeuropeo da primeira función (segundo estudos de Georges Dumézil). Estes deuses caracterízanse por usar a "maxia dos lazos", pola cal ataban aos seus inimigos ou vinculaban maxicamente aos seus seguidores.[1] A estrutura social de confrarías de guerreiros que vivían no monte adicados ao oficio da guerra e a caza xerou o culto, adoptando actitudes e maneiras que reproducen aspectos da divindade á que se vinculaban maxicamente. Di a wikipedia, ademais de...
Etimoloxía
Bhend, a raíz deste nome, significa 'atar'. Bandua sería 'o que ata', o que une aos que van combater xuntos. A idea dos lazos aparece de forma reiterada na iconografía galaica e irlandesa. Cando Cuchúlainn, o heroe mitolóxico máis famoso do Ciclo do Ulster, é ferido de morte se ata a unha pedrafita para morrer de pé. De Bandua derivan as voces “banda”, grupo organizado de xente armada, “bandidos”, grupo organizado de xente armada con fines delictivos; “bandeira”, estandarte con enorme poder vinculante; e o vocábulo “venda”, que non por casualidade serve para atar as feridas.[2]
Xeralmente aparece con diferentes epítetos, Bandua aposolego, Bandua cadogus, Bandua aetobrigus, Bandua roudeacus, Bandua isibraiegus que fan referencia ó seu carácter militar. Nas fontes romanas aparece asociado con Marte. Apareceron mencións en gravados en numerosos lugares do noroeste peninsular, con menor frecuencia no resto da península, en Francia etc.
Segundo outras interpretacións, Bandua era un termo do vocabulario relixioso da Lusitania[4] que significaría divindade, porén, Untermann di que Bandua sería unha divindade menor dentro dun panteón primitivo. Autores coma Cocco (1957) afirman que Bandua era unha divindade acuática de orixe céltica, porque unha das súas aras apareceu preto das termas e dun río, e mesmo chega a afirmar que se trata dunha palabra traída polos campaniformes.
A única imaxe de Bandua é a da pátera da colección Calzadilla, que talvez proceda de Cáceres, datable na época dos Antoninos (S I-II D. de C.) e que amosa unha deusa en pé vestida cun manto e unha coroa mural, na man dereita sostén unha pátera e na esquerda unha cornucopia, nun dos flancos da "deusa" (na relixión céltica había deuses masculinos con desdobramentos femininos) aparecen unha árbore perdendo follas e noutro dúas aras acesas e no segundo plano uns penedos e outra ara e no terceiro plano outra ara acesa. No borde do medallón atópase a inscrición :BAND(Hédera)ARAUGEL(punto), tratándose da deusa Fortuna asimilada a unha divindade prerromana.
En fin, imos ver que ten que ver todos estes coñecementos inestimables coa etimoloxía de Bandua. Como non, eu sempre busco a etimoloxía en irlandés, case exclusivamente, por ser o idioma irmá do celta galaico.
Ban xa o estudamos no numero anterior (Bande) é significa muller, diciamos.
E dua?
dua, m. (gs. ~). Labour, toil; difficulty, trouble, hardship. ~ ruda a fháil; ~ a fháil le, ó, rud, to work hard at, be painstaking with, sth.; to put oneself out to do sth. Bhí a lán dá dhua agam, I had to work hard for it, had a lot of difficulty with it. Ba mhór an ~ a chaith sé leis, he took a lot of trouble with it. ~ a chur ar dhuine le rud, to make s.o. exert himself, put s.o. to trouble, to do sth. Chuir sé ~ air féin leis, he took pains with it. Rud a dhéanamh le ~, to do sth. with difficulty. ~ oibre, the strain, stress, of work. ~ na farraige, the hardships of seafaring. Fuair mé ~ mór uaidh, it was a great strain on me.
Traballo ou dificultades de muller, é a tradución do irlandés actual. Que é o que podería asegurar esa tradución? Pois que Bandua é representada coma unha muller. Un feito físico e real que é sometido a unha interpretación.
En fin, deusa Fortuna da guerra que une aos pobos na loita é unha das posibilidades de enlazar as ideas que se expresan na wikipedia sobre a deusa -posiblemente cheos de razón, eu non podo discutilo, cos feitos reais- era unha muller- e de etimoloxía celta real, non figurada, de celtia.org.
Por outra banda, aquí xa comentamos as deusas da Morriña, entre elas a Morrigan, eran deusas de guerra, as principais deusas da guerra. A cultura celta galega non ten nada que obxectar ás deusas celtas da guerra (sexan as mesmas deusas ou outras, existían e deixaron pegadas na toponimia como vimos con Neman e variantes). O problema pode vir por tratar de identificar os deuses galos cos galegos e non cos irlandeses. A relación Galicia-Irlanda era fluída e sen peligros a través do mar e a relación Galia-Galicia por terra estaba chea de peligros e de pobos variados interpostos.
- Log in to post comments