O apelido Ben

Submitted by admin on Tue, 02/20/2018 - 19:01

O apelido Ben en escocés significa montaña. En irlandés antigo é muller- ver o dicionario citado de irlandés antigo. En irlandés moderno a palabra muller ou esposa está lixeiramente deformada a bean. Así que por esta vía temos a descrición dun apelido de foco nos arredores de Burela (hai un mapa do Ilga en Internet que describe as cantidades de apelidos por concello en https://ilg.usc.es/cag ). Evidentemente alí non poderás buscar cales son os apelidos celtas e o seu significado porque son a punta de lanza dos romanistas prerromanos (todo o que non é romano hai que desbotalo, ocultalo no saco prerromano). Non te preocupes, iso ten solución, progresivamente, poderás buscalo en celtia.org, aquí.