Zas e Sas

Submitted by admin on Tue, 11/13/2018 - 18:56

Zas é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Soneira. Se é celta non pode ter a letra Z, así que buscaremos en Sás

sás1, m. (gs. sáis, pl. ~anna). 1. Snare, trap, noose. ~ éin, bird-trap. 2. Device, contrivance; instrument, apparatus; means. ~ le ballaí a leagan, apparatus for knocking down walls. ~ le srian a chur le duine, a means of curbing s.o. Bhí ~ a dhéanta aige, he had the means to do it. 3. (Of person) Is é ~ a dhéanta é, he is the very man to do it. Ba mhaith an ~ scéil a insint é, he was well able to tell a story.

sás2, ~adh = sásaigh, sásamh.

Por un lado chegamos ao significado de trampa,  soga. ou 2. Dispositivo, aparello; instrumento .  Nesa bally facíanse trampas para cazar animais e aparellos semellantes (sen descartar o exemplo de aparellos para derrubar paredes, de guerra) ou ben no segundo significado de Sás era fundamentalmente alimentarse.

O de pasar Zas a Sás pode parecer algo arbitrario, se non fose que hai moitos lugares e topónimos Sas. So o concello de Zas o latinizou e  deulle un toque extraño e latino escribíndoo así. En realidade, e tiñan razón, vían máis extraño o nome Sas: era celta.

Dous anos despois podo corroboralo nun documento do concello de Sas:

Aparece Sas en 1681, noutra visita pastoral; Ssas en 1692;Saz en 1702, 1721 e 1726.En 1726 empeza a aparecer Zas, alternando con Ssas. A partir de 1727 a forma Zas xa se vai convertendo en maioritaria, aínda que non se esquece Sas (1740). O visitador pastoral do arcebispado de Santiago de 1741 escribe Zas, pero o de 1745 (atención!) escribe “Sn. Andres de Sauces” (dato importante para acontroversia da etimoloxía). No Catastro de Ensenada (1752) aparece Zas, forma que xa se xeneraliza tamén nos libros de fábrica, o que non impide que en 1808alternen as dúas formas (Zas eSas) nun documento titulado “Copia de recursos del Caballero Juan Josef Caamaño”.Nos mapas máis antigos de Galicia aparecen as formas Saaz e Saas en carácteres moi destacados, xunto coas deBrandomil, Lamas e Vimianço: na Descripción del Reino Reyno de Galicia.

Está claro non? Zas no pasado sempre foi  Sas ata os caprichos dos clérigos do XVII e posteriores.

Vexamos na wikipedia

O topónimo Sas pode referirse a:

Parroquias

Lugares