O feito que o torto celta (cam) siga en palabras como camba e cambados é unha demostración clara que esas palabras teñen un signficado composto de varios significados: é torto + algo máis.
A primeira idea (e a única neste momento) é a de Camba=cam+ba, era torto.
A wikipedia di que
O orónimo Camba (da voz prerromana *camb-) fai referencia a unha zona comba ou curva[1]. Pode referirse a:
- Camba, parroquia do concello de Castro Caldelas, na comarca da Terra de Caldelas;
- Camba, parroquia do concello de Laza, na comarca de Verín;
- Camba, lugar de dita parroquia;
- Camba, parroquia do concello de Rodeiro, na comarca do Deza;
- San Xoán de Camba, lugar de dita parroquia;
- San Salvador de Camba, parroquia do concello de Rodeiro, na comarca do Deza;
- Santa Baia de Camba, parroquia do concello de Rodeiro, na comarca do Deza;
- Veigas de Camba, parroquia do concello de Vilariño de Conso, na comarca de Viana;
- Camba, lugar da parroquia de Ourol do concello de Ourol;
- Camba, lugar da parroquia de Samarugo do concello de Vilalba;
- Camba, lugar da parroquia de Xuances do concello de Xove;
- A Camba, lugar da parroquia de Pol no concello de Monterroso;
- A Camba, lugar da parroquia de Arcos no concello de Ponteareas;
- A Camba, lugar da parroquia de San Lourenzo de Oliveira no concello de Ponteareas;
- A Camba, lugar da parroquia de Ferreira no concello de San Sadurniño;
- Río de Camba, lugar da parroquia de San Cristovo do Az do concello de Rodeiro;
- O río Camba, afluente do Bibei.
Amais como apelido pode referirse a:
- Andrés García Camba, militar, político e escritor galego (1793-1861);
- Miguel García Camba, maxistrado e político galego (m. 1892);
- José Ramón García Camba, político galego (m. 1906).
- Julio Camba, xornalista galego (1884-1962);
- Francisco Camba, escritor galego (1884-1947).
Sinalemos que torto, en celta, é só cam, non camb como di a wikipedia. Ademais é celta, non só prerromana. As entradas postas nonúmero anterior son de irlandés actual. Que os ríos teñen meandros que os fan tortos, e incluso cambian de forma co tempo, e que os camiños polos lugares de algunha altura (non cháns) son tortos pola necesidade natural de identificarse, de seguir o terreo. Pero cambian, posible causa do ba. Ou ben era cambe -é curvo- modificado para ser máis latino a camba.
- Log in to post comments