Cambados

Submitted by admin on Thu, 11/15/2018 - 12:24

Todo o mundo o dí, é celta. Como os bre, os case únicos topónimos celtas universalmente admitidos.

Pero a primeira explicación e significado do nome do concello de Cambados que se fai del en toda a historia está aquí, nesta páxina.

Que significa? Torto+ algo.... vexamos

bád, m. (gs. & npl. báid, gpl. ~).Boat. ~ fada, ships boat; pinnace. ~ farantóireachta, fartha, ferry-boat. ~ iascaigh, iascaireachta, fishing-boat. ~ iomartha, rámhaíochta, rowing-boat. ~ litreacha, poist, mail-boat. ~ patróil, patrol-boat. ~ seoil, sailing-boat. ~ saighne, seine-boat. ~ tarrthála, life-boat. ~ tobair, well-boat. dhá thaobh ar an mbád, there are two sides to the story. F:An ~ bán, the emigrant ship. S.a. clinse. (Var:pl. ~)

O temos claro, non? Estamos na costa, na costa hai botes. Pero os de Cambados eran especiais, tiñan curvatura, en vez de ser planos como nas chalanas de fondo plano, tiñan curvatura, estaban curvadas.

Incluso Constantino García [1] recolle en Ares, Sada, Razo, Laxe, O Grove e Marín esta denominación para designar un tipo de embarcación similar pero coa proa e a popa chatas, cortadas verticalmente, que noutras localidades costeiras se denomina gamela. Semella que estas gamelas de proa, popa e fondo plano deberon ser a primeira idea de botes de madeira. Sen embargo, os de Cambados ou inventaron os botes curvos, ou os usaban profusamente, ou, seguramente, os fabricaban e o nome era a propaganda do produto principal de Cambados.

A diferencia doutras explicacións hoxe sabemos porque se chama Cambados. Ter raíz cam ou supostamente camb non é suficiente para entender o topónimo. Si, hai algo de curvo no nome, pero que facían, como vivían, a que se dedicaban? A fabricar botes curvos.