O topónimo galego Cambre pódese referir a:
- Cambre, concello da provincia da Coruña;
- Cambre, parroquia de dito concello;
- Cambre, parroquia do concello de Malpica de Bergantiños;
- Cambre lugar de dita parroquia;
- Cambre, lugar da parroquia de Lema, no concello de Carballo.
Vistas as entradas anteriores o significado é claro en celta. É moi curioso que algúns que dividen os topónimos sistematicamente a terminación bre de todo o anterior teñan reparos en facer o mesmo con outras palabras celtas. Quizais a partícula bre ten algún tipo de privilexio?
Cam+bre ten de significado Outeiro torto, curvo non sabemos exactamente como. Teriamos que mirar as alturas para ver se se refire ás alturas que seguen un perfil curvo ou aos camiños moi tortos, curvos polos que temos que pasar neses lugares. A definición da wikipedia " fai referencia a unha zona comba ou curva " aplícase aquí perfectamente engadíndolle o dato de Outeiro. Outeiro nunha zona comba ou curva. Ou, diretamente, outeiro torto, outeiro curvo.
- Log in to post comments