Unha vez desvelado que significa cos, é doado ir debullando, traendo á luz, os significados da toponimia con cos. Ancos é An+cos, unha perna de monte, un monte falda. Hai que ir alí ao monte Ancos na comarca de Ferrol para entender o porque do nome: un monte pode ter unha cima coma a que diciamos de Barcala, afíada, en pico ou abombada coma a de Breamo. Pero, dalgunha maneira, Monte Ancos é aínda máis máis abombada, case sen cima, é un monte alto pero no que a altura dilúese nunha base enorme, para subir ao monte tes que andar bastante, durante bastante tempo, pero con pouca pendente. Sen embargo, ao chegar enriba a recompensa é unha vista da ría de Ferrol da mesma beleza que desde o monte Marraxón ou desde as baterías de Mugardos. Con Xubia ao fondo a paisaxe é extraordinaria.
Vista da Ría de Ferrol desde o Monte Ancos
Xa que logo Monte Ancos é un monte ladeira, un monte falda pero pouco pronunciada. O de perna tamén pode entenderse no sentido de que lle falta o corpo do monte, está sen a parte de arriba.
- Log in to post comments