TOPONIMO | CONCELLO | ALDEA |
---|---|---|
Tarancoso | CORGO (O) | |
O Taranco | XOVE | O Soutevello |
O Taranco | MURAS | |
O Taranco | MURAS | |
Os Tarancos | MURAS | |
Os Tarancos | MURAS | Suaschousas |
O Taranco | OUROL | |
Camiño do Taranco | VALADOURO (O) | |
O Taranco | VALADOURO (O) | |
Rego de Tarancos | VIVEIRO | |
Tarancos | VIVEIRO | |
Tarancos de Abaixo | VIVEIRO | Tarancos |
O Taranco | PARADA DE SIL | Castro |
Así temos un montón de anco ou ancos con tar diante. E que é, que significa tar en celta? Pois o mesmo ou parecido a tras:
tar-2, pref. Over-, trans- aínda que tamén despois
Ademais, que non teña a toponimia da Xunta, hainos en Viveiró e Freixulfe.
En resumo, Taranco, Tarancos e aínda Tarancón en Castela, falan dun lugar ben sobre unha lomba, nun monte de base ancha ou ben tras esa lomba, tras ese monte de base ancha, tras esa falda dun monte baixo.
Tarancón é un concello de Cuenca, e Taranco o sitio onde nace o nome de Castela: Considérase que Castela naceu testimonialmente o 15 de setembro do 800 no hoxe desaparecido mosteiro de San Emeterio de Taranco de Mena, situado nesta localidade. O nome de Castela aparece nun documento notarial polo que o abade Vitulo doaba uns terreos. Nese documento aparece escrito por primeira vez a palabra Castela.
Vemos as raíces celtas de Castela nestes topónimos casteláns, ademais de apelidos como Tarancón dun arcebispo famoso na transición española.
- Log in to post comments