Tara é o lugar de entronización dos reis celtas preto de Dublín, como xa contamos hai tempo. Pero tamén existe en Galicia:
TOPONIMO | CONCELLO | ALDEA |
---|---|---|
A Tara Brava | PEDRAFITA DO CEBREIRO | Seixo |
A Tara do Muín | PEDRAFITA DO CEBREIRO | Brañas |
As Taras de Abaixo | PEDRAFITA DO CEBREIRO | Seixo |
As Taras de Arriba | PEDRAFITA DO CEBREIRO | Seixo |
Nalgún momento lin na web unha etimoloxía da Tara irlandesa que o remontaba ao Sánscrito e a Luz. Eu penso que, como acabamos de ver na entrada anterior, ven do irlandés tara, seguinte, outro. Alí se entronizaban os seguintes reis. Os tara galegos tamén son os seguintes de algo.
- Log in to post comments