O nome da vila que te convidamos a buscar é celta e ven a indicar que nela se debeu producir a liñaza (semente e/ou aceite de liño).
A que vila nos estamos a referir?
As visións tradicionais dos celtas galegos falan de guerreiros, deuses, e heroes. Son as observacións dos alemáns e franceses que buscaban eses aspectos. A realidade dos nomes celtas galegos falan tamén da vida cotiá, por exemplo do liño para vestirse, das vacas, de cantar, das pegas,... Incluso de maxia que tamén está incluída na súa cosmovisión. Por certo, liñaza non existe no dicionario galego, pero si no portugués.
E aínda máis, un pode deducir certos aspectos parciais de cal era a estrutura e a súa organización social, polo nome das funcións que denominan, do mesmo modo que liñaza fala da producción de liño e da súa vestimenta.
- Log in to post comments