Lobio, Lobios

Submitted by admin on Mon, 01/07/2019 - 13:19

Lobio  di a wikipedia que

O topónimo galego Lobio pode referirse a:

E Lobios

O topónimo galego Lobios pode referirse a:

En realidade hai máis, como é costume

 
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
O Lobio SANTIAGO DE COMPOSTELA Aríns (San Martiño)
Ponte de Lobios ENTRIMO Galez (San Fiz)
Igrexa de San Miguel de Lobios LOBIOS Lobios (San Miguel)
Río Lobios LOBIOS Lobios (San Miguel)
O Lobio MUÍÑOS Barxés (Santa María)
Lobios RAIRIZ DE VEIGA Sabariz (San Pedro)
Os Lobios RIBADAVIA Francelos (Santa María Madanela)
Lobio SAN AMARO Salamonde (Santa María)
O Lobio SAN AMARO Navío (San Fiz)
Os Lobios TEIXEIRA (A) Cristosende (Santa María)
O Lobio VEREA Albos (San Mamede)
Lobios NEGREIRA Lueiro (Santa Baia)
Lobio SANTIAGO DE COMPOSTELA Aríns (San Martiño)
Lobio, O SOBER Barantes (San Xoán)
Lobios SOBER Lobios (San Xillao)
Lobios PORQUEIRA Paradela de Abeleda (San Xoán)

Eu o coñezo polo Balneario de Lobios. Para describir que é, temos que Ló é día ou incluso amencer ló = lá.

lá, m. (gs. lae, pl. laethanta).Day. 1. (a) Daytime. An ~ agus an oíche, day and night. (De) ~ agus (d’) oíche, by day and by night. Sa ~, i rith an lae, in the daytime, during the day. ~ breá, samhraidh, fine, summers, day. ~ triomaigh, good day for drying. ~ cladaigh, féir, a day for the beach, for haymaking. (b) Daylight, dawn.

E que é bio non existe en irlandés actual pero bíog, si:

bíog2, v.i. 1. Start, jump. Bhíog a chroí air, his heart gave a leap. Bhíog nuair a chuir mo lámh air, he gave a start when I put my hand on him. ag ~adh, he is coming to life, stirring himself. 2. (Of muscle) Twitch.

Comezo, arranque, salto, impulso do día é a tradución de Lobio ou Lobios (o s final depende da interpretación que fan da palabra os falantes que non saben que significa, como en outras moitas palabras).

Reinterpretando Lobios é a cruz de Lobás ou Loibas, que eran as postas do sol, a morte do sol. Aquí o amencer en celta ten algo do sorpresivo do salto, é inesperado (xa que vai cambiando de hora de amencer día a día durante o ano). Algo que tamén apunta a RAG para amencer, " Abrir o día, aparecer a luz do Sol pola mañá. " A luz do Sol aparece.

Unha segunda reinterpretación podería ser que eses amenceres eran especialmente fermosos ou chamativos alí, nese lugar. Ou ben, terceira interpretación, desde un lugar próximo e bastante habitado para que se usase como nome de lugar con frecuencia, víase a Lobio como un lugar de amencer certo día do ano (quiza especial, lembramos 1º de febreiro, o Imbolc, no 1º de maio, Beltaine, no 1º de agosto,Lughnasa  e Samhain o 31 de outubro, ou ben nos equinocios ou nos solsticios). É dicir constituía unha variante de bailadora ou marca do amencer e con iso tiñan lembramento-calendario de tales ou tales festas. Ademais, polo efecto bailadora saberíamos cando se aproximaba a dita data, ou festa.

Estou facendo un programa en Delphi e Javascript para que nos dea o ámencer ou a posta do sol desde calquera lugar de Galicia (en calquera momento do ano) ou incluso chegar a ver as liñas de dirección con que se ven desde ese punto arbitrario  eses momentos clave de amencer e solpor. Con el poderiamos facer hipóteses válidas de que en momento do ano e desde que punto habitado víamos o amencer marcado polo punto de Lobio, ou como no caso das Bailadoras de Ferrol, determinar desde que lugar preciso, un castro, por exemplo, víanse a postas do Sol no que se chaman actualmente montes da Bailadora nas datas de solsticio.

Ou as bailadoras en calquera lugar galego.

Como nota adicional, sorprende que os Lobio sexan maioritariamente ourensáns ou de Santiago, noutras zonas non madrugaban tanto, parece ser.