É un famoso apelido debido ao futbolista arxentino que así se chama, pero tamén, como é habitual con algúns apelidos galegos, existen topónimos Maradona en varios lugares de Galicia (que non os menciona a Galipedia, só existe o futbolista Maradona).
Maradona, un apellido lucense - La Voz de Galicia Tamén fan diversas hipóteses sobre a orixe da palabra.
Hai outros lugares de Galicia, sen embargo, no que existe Maradona. Así que
1-Probablemente Maradona teña unha orixe galega.
2-Tan malo, pode referirse a un lugar malo pola orografía ou outra razón, a súa climatoloxía, ou vaia vostede a saber porque. Sería interesante pasar por estes lugares para ver se é posible facer unha hipótese razoable das "maldades" deses lugares. Por exemplo unha curva perigosa, din en internet "Existe un lugar no concello de Barreiros, entre Vilanova de Lourenzá e Celeiro de Mariñaos que se chama A Maradona. (Por desgraza tamén dá nome a unha curva moi perigosa na estrada, a curva da Maradona, onde xa houbo varias mortes)".
Polo que se ve para esta persoa a curva "A Maradona" está ameigada polo "mal" feita ou acaída ou polo "mal" traballada na súa construción. Desde logo o adxectivo de mala está ben asignado.
(ver herba dona, dona é malo/mala en celta)
- Log in to post comments