Escadebas

Submitted by admin on Sun, 01/27/2019 - 10:43

Eu insistín varias veces nestas páxinas que para facer unha tradución do celta dun topónimo galego hai que visitar o lugar. Para entender de que se trata ata ver o lugar moitas veces non entendes de que se trata, de que se está falando. Iso, por unha banda. Por outra, os procesos mentais dispáranse cando estás na realidade vendo algo. Ver algo na realidade, experimentar na realidade é algo que defenden os empiristas e non está na cultura española. Parece que preferimos inventar teorías sen confirmación práctica- que polo xeito de facelo non van a ningún lado, non son produtivas.

O mesmo para ensinar ciencia preferimos ensinar ciencia sen experimentar, sen facer as prácticas como se a ciencia fose unha relixión, que hai que saber, pero non experimentar ou razonar.

Falaba cunha profesora vasca de Celtia e dicíame que se tiña axudas para facelo (iso sería o natural no País Basco, aquí grazas a Deus que non che zostian por facelo). Pedin hai uns días axudas para facelo e... por moito que expliquei de Bares, de Lumeares, de como velo na prática era importante para traducir un topónimo, tiven moi pouco éxito.

Pois ben, imos falar agora de Escadebas e como cheguei a deducilo. Xa lera que era Esca, xa o sabía. Xa sabía que era Bás. Ademais levo toda a vida lendo ese topónimo nas frecuentes viaxes Lugo-Ferrol, Lugo-Miño, Lugo-Santiago ou Lugo-A Coruña. Ademais, nestes últimos viaxes xa tiña como meta traducilo, ou sexa que a miña mente estaba alerta.

Pois ben lendo o letreiro da autopista na vez mil despois de estar intentando traducilo, fixen esa tradución sen dubidalo, a mente estaba aberta a interpretalo, o cal non é frecuente. É como se tiveras na mente un sombreiro dos de De Bono, que cando os pos pon a mente nun estado especial.  Ou sexa, os galegos temos un estado mental especial celta, un "sombreiro" no que entendemos mellor a toponimia celta. Sabemos inconscientemente que cando falamos de Vilameá falamos de Viladomedio sen necesidade de traducilo.

Son milleiros de anos dos nosos devanceiros falando esa lingua para que non quede algo nas estructuras das nosas mentes.

Ben, pois conto que, de pronto, pasando por diante do letreiro na autopista traducín nun instante o letreiro. Eureka, estou lendo o celta, dixen.

Efectivamente, Esca=Lúa, Dé=xenitivo de Día, Deus, Bás=morte

A lúa do deus da morte, da que xa teño falado noutras entradas e dediqueille unha obra de arte de Bridges, DIA BAS. Se falamos en mitriaico e sabemos que houbo templos mitriaicos en Lugo, quere dicir que estamos polo menos no século III despois de Cristo e que estamos a falar da Lúa do Deus Morto (Mitra ou Xesús) e posiblemente non de ningún Deus celta.

Sexa deus celta ou non, está claro que Escadebas marca un topónimo mitolóxico que non sei interpretar porque me faltan moitos datos para facelo. De todas maneiras a concepción de lugar onde se explican as mitoloxías ou os meigallos asociados á Lúa do deus da morte están claras. O topónimo indica algo interesante, do interese dos falantes celtas, onde vas atopar solucións ás túas preguntas relixiosas ou filosóficas, as túas inquedanzas existenciais.

O letreiro fala do río Escadebas, pero tamén hai un lugar escondido cunha ducia de casas e moi pouco visitado en Guitiriz chamado Escadebas. Un lugar precioso que non podes deixar de visitar. Anímate, é un dos lugares da ruta celta de Guitiriz. Que tamén ten a Igrexa de San Alberte coa súa Sheila-na Gig e moitos outros lugares (Pon Sheila na gig en novacarta.eu e verás varios dos lugares en que hai Sheila na Gig en Galicia).

Por último dicir que Dé tamén se pode traducir por dous, ou por un saúdo, así que tamén podería ser Luá da dobre morte ou A Lúa saúda a morte. Non sei vós, eu prefiro a tradución anterior con Deus.