De Rois xa falamos hai tempo como un problema a resolver. O que facemos agora mesmo.
A wikipedia conta que
Co topónimo Rois podemonos referir a:
- Rois concello da provincia da Coruña na comarca do Sar.
- Rois parroquia do concello homónimo.
- Rois parroquia do concello coruñés de Bergondo.
- Rois lugar da parroquia de Rois no concello de Bergondo.
- Rois lugar da parroquia de Cirio no concello de Pol.
Vemos que significa rois?
rois3 :ros1.
e ros1 é
ros1, m. (gs. rois). 1. ~ (lín), linseed, flax-seed. Lá sceite, scilligthe, an rois, ‘a day to make the lint blow’, a very warm day. S.a. ola1. 2. (Of certain other plant-seeds) ~ cnáibe, hemp-seed. ~ gafainne, henbane-seed. ~ moinge mire, hemlock-seed. ~ neanta, ~ copóige, nettle-seed, dock-seed. 3. ~ lachan, ~ uisce, duckweed.
Ou sexa liñaza, semente de liño. Ou como xenitivo de liñaza, das sementes do liño.
Neses lugares Rois cultivábase liño. Todo o mundo coñecíao porque estaba no nome. O nome indicaba o produto por excelencia da zona.
Na toponimia da Xunta hai 114 topónimos que conteñen rois pero non todos son de liño, poñemos os Rois puros:
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
Fonte de Rois de Arriba | ROIS | Rois (San Mamede) |
Lavadoiro de Rois de Arriba | ROIS | Rois (San Mamede) |
Rois | BERGONDO | Rois (Santa Mariña) |
Rois | ROIS | Rois (San Mamede) |
Rois | POL | Cirio (Santa María) |
Tamén é apelido.
- Log in to post comments