Irmandade Galicia-Irlanda

Submitted by admin on Sun, 02/10/2019 - 11:48

Esa Irmandade Galicia-Irlanda non é moi ben comprendida e interpretada nin en Galicia, nin en Irlanda. Como contei varias veces o petroglifo na coviña en Tara, o monte de entronización dos reis celtas irlandeses ten un petróglifo circular galego. Pero se imos ao museo arqueolóxico de Dublín temos outros exemplares do mesmo tipo de petróglifo e se imos ao museo de Belfast, igual vemos petróglifos galegos. Agora vou poñer unha peza do Museo Arqueolóxico de Dublín

triskel galego

Coma nos petróglifos esta mostra definitiva do nosos asentamentos en Irlanda e das visitas periódicas e cultura común están difuminada polos letreiros irlandeses que poñen "Pedra decorada", "decorated Stone", o que era unha relixión e unhas crenzas simbólicas comúns quedan relegadas á mesma decoración común. Pero iso é aínda peor en Galicia, ao menos os irlandeses saben e admiten que son, xeneticamente, galegos. No caso de Galicia é negado e ainda mesturado con invencións, fake news, con pretensións científicas. Pero sempre nos quedarán as "pedras decoradas" e a toponimia para saber que esa forte conexión de sangue e crenzas vai moito máis aló. Somos irmáns en alma e corpo.

En particular, o debuxo do triskel irlandés-galego é o de Celtia. Desde logo, todos os dicionarios que estou utilizando nesta web de Celtia.org son irlandeses. Non britanos, galeses, de Manx, de Bretaña ou escoceses. Os dicionarios son irlandeses. A maior proximidade xenética, cultural, e lingüística é cos irlandeses. Cos outros países celtas atlánticos tamén, pero en menor proporción.