Hoxe vén un artigo sobre toponimia no Progreso de Lugo, especialmente dedicado a Palas e Melide. Nel se fala de Abeancos e se conta que Abeancos é o nome da tribu que vivía alí e que lle dá nome ao rio.
A wikipedia di que
O topónimo Abeancos pode referirse a:
- Abeancos, parroquia do concello de Melide;
- San Cosme de Abeancos, parroquia do concello de Melide
Ou sexa ou a wikipedia non vé río ou non o hai.
Dicir que, por unha vez, a etimoloxía parece razoable. Pero incompleta: que significa Abeancos? pois tal e como explican é un nome explicativo (ainda que só válido para os lugares próximos): Abeancos significa Os que están (viven) na ladeira. Hai un monte na zona, un monte, como explicamos outras veces, moi baixo, redondeado e de circulo extenso que lle chaman cos ( xeonllo ou perna-ladeira, xeonllo pode ser atendendo a esa redondez) an=na, A=os Be=están.
Iso é todo.
Por certo que quixeramos convidar aos representantes de Toponimia da Xunta ao Congreso de lingua, toponimia, e cultura celta galega en setembro. Ao grupo Amergin, aos relatores (unha palabra de moda) do Congreso "Os celtas do Atlántico" de Narón, etc... Ao gaiteiro Carlos Núñez, a Bieito de Luar na Lubre e a todos os que se apunten a contar algo. Proximamente inscrición aquí mesmo.
- Log in to post comments