Doncos

Submitted by admin on Fri, 02/15/2019 - 23:20

Di a  wikipedia que

O topónimo galego Doncos pode referirse a:

Diciamos que coss pierna f, pata f, pie m pero que en celta galego só o podemos ver asociado á ladeira (perna, falda) dun monte.

De donn falamos varias veces, tamén, significa marrón.

brown » Donn

brunette » Donn

Doncos significa, xa que logo, ladeira marrón. Por unha vez a tradución non se confirma na realidade, xa que hoxe en día debería chamarse ladeira verde, é dicir, glascos. Só hai que ver o castelo de Doncos nunha paixase totalmente verde na foto da wikipedia. Pero supoñamos unha época seca, unha época despois dun incendo das árbores de Doncos e teremos unha ladeira de terra, marrón, polo tanto, é dicir Doncos.

Este engadido é do 1-5-2019. Vin unha foto na páxina 10 do especial do Progreso "Ocio en Lugo" que o explica sorprendentemente. Resulta que hai un mirador no que se ve Doncos e ademais, o día que sacaron a foto explicaron porque ten  marrón no nome!

Era outono e case todos as árbores da ladeira do monte eran marróns ou aínda máis, marróns en parte e amarelo-bermellos por outra dando  mesmo resultado. Así sabemos que lle puxeron ese nome en Outono. Non vos parece espectacular? A min si.

A explicación (en castelán) de porque ocorren estes cambios cromáticos nas árbores coas estacións esta descrita aquí:

http://espores.org/es/ocio-verde/els-colors-de-la-tardor.html

Na Revista de divulgación científica do Xardín Botánico da Universidade de Valencia. As imaxes de arte de outono son espectaculares.