Leis

Submitted by admin on Tue, 02/26/2019 - 13:08

Leis, en galego actual, é Leyes en castelán. Pero que pasa na toponimia?

Na toponimia vemos que é evidente que non ten nada que ver co leis galego actual:

 
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
A Viña dos Leis CAMBRE Brexo (San Paio)
O Leisón CEDEIRA Régoa (Santa María)
Muíño de Leis CORISTANCO Ferreira (Santa María)
A Cortiña de Leis VAL DO DUBRA Portomouro (San Cristovo)
O Prado de Leis VAL DO DUBRA Portomouro (San Cristovo)
Relva de Leis CALVOS DE RANDÍN Randín (San Xoán)
Os Purgulleis LAMA (A) Seixido (San Bartolomeu)
Campo de Leis BERGONDO Lubre (San Xoán)
Leis de Nemancos MUXÍA Leis de Nemancos (San Pedro)

Ademais, hoxe vén no Progreso un señor de apelido Leis, razón pola que estou escribindo isto. Na wikipedia falan de

San Pedro de Leis de Nemancos é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello coruñés de Muxía na comarca de Fisterra.
As leis de Celavella Unha seríe da TVG, polo tanto traducido a Leyes en Castelán
Campo de Leis é un lugar da parroquia de Lubre no concello coruñés de Bergondo na comarca da Coruña.
Pero que é Leis en irlandés, en gaélico?
leis1, f. (gs. ~e, pl. leasracha). 1. Thigh. S.a. cnámh 1(a).2. Cu: Leg, haunch. ~ chaoireola, leg of mutton.
leis2, adv. 1. Also. 2. (With neg.) Too, either.
leis3, adv. Uncovered, exposed.
Se nos fixamos no primeiro significado muslo, perna, cadeira, perna de cordeiro, vemos que Leis de Nemancos ten duplicado o significado en Leis e no cos de Nemancos.
O segundo significado parece que non acae, agás en Purgulleis e o terceiro significado (espida, exposta) pode ser posible se houbese unha deusa ou un deus ou unha estatua que se expuxera nese lugar un día determinado do ano, por poñer un exemplo de situación traducible así. Tamén en Leis de Nemancos se vería así, "Lugar onde se expón a deusa Nemán (unha das tres deusas da morriña) na súa ladeira, no seu monte baixo".