Cambás

Submitted by admin on Tue, 03/05/2019 - 11:43

El Valle del Cambás, la puerta trasera del Mandeo dicía hai tres días a Voz. Que é Cambás, en celta galego?

Cambás, Aranga  está marcado polas fervenzas do río, Rego da Palanca e Castro de Rodicio, e o nome vén de

cam2, m. (gs. caim, npl. ~a, gpl. ~). 1. Bend; bent, crooked, object. ~ iarainn, gaff. An ~ agus an díreach, the crooked and the straight. Chomh cam le ~ lúbáin, as crooked as a hook.

bás, m. (gs. báis, pl. ~anna).1. Death. ~ a fháil (de, le, rud éigin), to die (of sth.). an ~ aige, he is dying. le ~, ina luí le ~, ar leaba an bháis, he is near death, on his deathbed.

O "An cam agus an díreach" suxírenos cam como antónimo de díreach. Dun río esperarías que fose díreach, directo, recto, pero se hai unha fervenza tórcese (dun modo non habitual, cara abaixo) e ademais pódeste matar caendo por ela. "Morte en caída", "caída mortal",  sería a miña tradución de Cambás. A verdade é que non son as fervenzas do Niágara, pero se de 100 habitantes -supoñamos- de Aranga nunha  época do neolítico, morre un dunha caída na fervenza xa é motivo suficiente para que a comunidade lles lembre aos nenos que alí morreu alguén, que deben ter coidado.

Claro que hai unha segunda posible tradución de Cambás bastante diferente, que lle dedico a todos aqueles que non saben traducir a toponimia celta galega (non terás unha vía, terás múltiples vías de tradución). Que outro significado lle podes dar a Cambás?