Vilarrube é unha parroquia de Valdoviño cunha praia famosa e extensa. E a onde mira? A onde se pon o sol, ao ceo rubio da posta do sol.
Así que Vilarube é unha Bally celta (polo de Vila) onde se ve ao atardecer o ceo rubio do Sol ao poñerse. Iso compleméntase co que vimos de Rubio na entrada anterior.
E con centos de lugares rub en Galicia, que iremos tratando.
A pregunta que nos queda é, aínda interpretándoo así como rubio, trátase de indoeuropeo xenérico, de celta- por algo está nestas páxinas, ou de latín. Como vimos na entrada anterior de rubio, son posibles as tres orixes.
En latín dá lugar a rubeola ou rubor, o rub está presente. En celta, polo exemplo de rúa parece que se decantan por rú. Non existe esa palabra en gaélico actual, pero, como hipótese, podemos supoñer que existía no celta galego. Nese caso rú=rubio. Entón, nese caso, que sería o rube que aparece en Vilarrube e en Corrubedo, por exemplo?
Pois rú+be, ser rubia, ou estar rubio, o mesmo significado con orixe distinta, o que facilitará a interpretación das 600 entradas rub e máís ru da toponimia.
- Log in to post comments