Os tres santuarios do Corgo

Submitted by admin on Sun, 03/10/2019 - 12:06

Cóntame José Manuel Blanco que

Os traballos, que teño feito sobre o Corgo,  están referidos a tres santuarios, que hai nese concello. Un deles refírese ao das Virtudes, situado na parroquia de Pedrafita. Ao carón deste santuario pasa a vía romana XIX-XX, que comunicaba Bracara Augusta con Asturica Augusta. Na fonte, que hai preto deste santuario, e que popularmente se lle deu o nome de "fonte da Virxe" e, tamén, de "fonte da Santa", segue habendo ritos de sanación na actualidade e que se remontan a unha época antiga, cando os cultos animistas adicados aos diferentes elementos e forzas da natureza estaban no seu cume. Logo, os romanos colocaron moi preto un ara dedicada ao deus Mercurio, deus do comercio e dos camiñantes, sustitutivo do deus grego Hermes, que cumpría a mesma función. Esta ara dicen, que se encontra no Museo provincial de Lugo. A referencia do Neolítico é do periodista, que ante a pregunta de se o rito podía vir dende esa época eu comenteille, que podía ser, xa que no Neolítico comeza o sedentarismo e os cultos animistas vanse consolidando. Tamén os da morte e fecundidade, que xa existían no Paleolitico (as celebres "VENUS"). Non obstante non hai fontes escritas e poucas arqueolóxicas, polo tanto temos que movernos no terreo das hipoteses.

Graciñas