Brandián

Submitted by admin on Mon, 03/11/2019 - 10:39

Calquera que lera cun pouco de atención estas páxinas xa sabe ler Brandián.

A wikipedia di que

O topónimo Brandián pode referirse a:

Véxase tamén

Outros artigos

Bran "o de All-bran", é farelo e dían xa o dixemos:

dian2, a. (gsm. déin, gsf. & comp. déine, npl. ~a).Intense, vehement; hard, severe. Tine dhian, intense fire. Tuile dhian, strong flood. Buinne ~ díleann, rushing torrent of water. Frasa ~a deor, floods of bitter tears. Rás ~, strenuous race. Buille ~, hard blow. Geimhreadh ~, rigorous winter. Comórtas ~, tough competition. Máistir ~, hard taskmaster. Breithiúnas ~, severe judgment. Bheith ~ ar dhuine, to be hard on s.o. Chuaigh ~ air, it went hard with him. Ag obair go ~, working hard. ~ díbhirceach, ~ dásachtach, fast and furious.

Nesa zona producíase unha cantidade intensa, importante de farelo, quérese dicir que tiñan, producían, moito cereal. Así que Brandián anunciaba a todo o mundo, urbi e orbe, que alí produciase moito cereal.

Nunha certa toponimia das Pontes cóntannos que

BRANDIÁN: De orixe xermana que provén da raíz *brand, “folla da espada”. Deshabitado.

Que sentido práctico ten dicir que no medio do monte das Pontes hai unha folla de espada xermana? Quen e para que quere lembrar iso? Se houbese moitas, aínda poderiamos ir buscar unha e facer unha espada. Sentido literario?, poético? racista? militar? Non ten ningún sentido, excepto que creas que os da zona eran uns memos-parvos adoradores das follas de espada xermanas.

Se miramos desde o punto de vista da probabilidade. Que probabilidade ten que tal cousa ocurrise? 10 elevado a menos mil? E de moito farelo? dez elevado a menos 1.

Por outra banda, xa que existen varios lugares Brandián en Galicia, que probailidade poderiamos asignarlle as follas de espada, en conxunto?  Cero é un bon prognóstico.

Non teño a menor dúbida, Brandíán significa moito farelo, en gran cantidade, moito cereal polo tanto, avisando a toda Galicia que hai traballo de colleita do cereal, que hai malla,  que incluso é posible vivir alí.

Incluso o significado de Bran no gaélico literario actual como corvo afirma o anterior, se hai farelo, hai corvos ou outros paxaros alimentándose, seguro.

E, por último,  hai unha razón definitiva. Na toponimia temos centenares de Bran e centenares de dián. E case ningún Brand. E que significa en alemán ián? Hoxe que estamos na celebración da táboa periódica podemos ver claramente que, dito doutra forma, Bran e Dián son átomos léxicos que se conxugan moitísimo na toponimia, con outros átomos máis, na toponimia galega e nin Brand nin ián están na liga dos léxicos da toponimia. Non existen. Simplemente.