Falando de morriña vimos que aparece na wikipedia inglesa na que se di:
" The Dá Chich na Morrigna ('two breasts of the Mórrígan'), a pair of hills in County Meath, suggest to some a role as a tutelary goddess, comparable to Anu, who has her own hills, Dá Chích Anann..."
Agora, para os que aínda non o pescaron, breast son senos, tetas. Ademais comezan como Breamo, con amor. Dúas implicacións: os celtas irlandeses e galegos vían tetas en certos montes redondos, como xa contamos.
E ademais a palabra inglesa breast, seno, teta, está claramente influida polo celta galego e o seu "amor". Algo que imos tratar máis ampliamente máis adiante: un terzo do inglés nace en Galicia, procedente do celta galego. (Aquí vén a conta o que me dixera unha compañeira, e non sería mellor que nós fósemos descendentes ou emparentados descendentes dos ingleses e non ao revés, como contas, de que moitos ingleses son descendentes emparentados cos galegos? E dicir, aceptariase que contaramos que os nomes de lugares galegos veñen do inglés pero vai producir un forte rexeitamento que palabras inglesas veñan do celta-galego )
Pois ben, dado que fumos nós desde hai 12000 anos a Gran Bretaña, cando non habia ninguén alí, e teñen moitas palabras do celta galego, parte do inglés é galego e temos xa os seguintes idiomas de orixe galega:
-Celta-galego
-Inglés (en parte)
-Galego (do latín)
-Portugués
-Español (en parte)
Xa, se ian ter razón os do decreto de plurilinguismo: cando falamos un calquera deses idiomas, estamos falando galego, así que aprendámolos todos... non sabemos porque tedes a manía de falar só o galego-latín....
- Log in to post comments