Villa Guntini

Submitted by admin on Wed, 04/10/2019 - 13:52

Non sei se o lein nun artigo de Méndez Ferrín ou noutro de Alonso Montero. Dá igual. O fundamental é que dicía que Guntín estaba descrito nun papel medieval por Villa Guntini, ou sexa A Villa (casa, quinta) dun señor chamado Guntín. Porque como contan aquí relativo a Asturias o remate -ini é o xenitivo "de" un nome.

https://mas.lne.es/toponimia/index.php?leer=963&palabra=yod

Podemos ver múltiples exemplos desa liña de traballo. Todos son antropónimos de persoas anónimas que prestan o seu nome a historia e a toponimia dun modo desbocado e sen moito sentido.

Non o discutín (no caso de Guntín é evidente que non existen dez señores Guntín na época medieval que den nome aos Guntín existentes en Galicia). Por que Guntín é coherente con ferrería (o río de Guntín é o río Ferreiras) e porque a páxina do concello aínda describe onde hai restos de minerais metálicos antigos en Guntín. Ademais que hai centos de palabras compostas con Gun e un cento de palabras que conteñen con significado tin (acabamos de ver Martín).

Ben, cal é o erro? pois que están traducindo a casa, villa do señor Guntín pola Vila (Bally celta, conxunto de casas) dun lugar chamado Guntín, no que había unha armería metálica e fabricaban armas. E ese mesmo tipo de erros o aplican, o mesmo que fan en Asturias,   a moitísimos topónimos. Neste caso vemos topónimos como Aldín e Bandín -din- relativos a tellados que son pensados como Aldini e Bandini, entre outras explicacións que se poderían buscar nese listado.

A min esas confusións entre Villa, Vila e Bally, unha confusión entre galego, castelán e latín e celta lémbrame o conto que me contou meu tío sobre a familia cun neno con tuberculose que levaron ao médico. Tienen que darle mucho reposo. Di o médico.

Despois de dous meses foron os pais a protestarlle ao médico: Ademais de que foi difícil atopar moito raposo, despois do tempo pasado o neno non mellorou nada.

Un paisano galego no ano 1000 vai falar cun abade castelán dun mosteiro da zona e fala (quizais de Bally) da Vila de Guntín. O Abade só coñece as villas romanas así que traduce Vila por Villa e o o pon en latín, Villa Guntini. Os analistas de topónimos están traducindo o "raposo" posto polo escriba, que non reflexaba o verdadeiro significado da frase.

Que en Galicia hai vilas que no son as "Villas" nin romanas nin españolas, nin con carácter dado polos reis de Galicia, León, Castela ou España (unhas decenas). Son Vilas preexistentes na toponimia galega, desde sempre. Como o demostran os 5172 topónimos que conteñen Vila na toponimia oficial galega. Quizais a partícula léxica máis extensa desa toponimia galega, falando dunhas raíces históricas moi profundas e antigas.