O Día da Ciencia en Galego deste ano, coincidindo co Ano Internacional da Táboa Periódica, propoñemos como homenaxeados a Mendeleiev –como autor principal- e a Luís Liz Marzán, por ser un dos nosos científicos máis premiados, director do Centro de Investigación Cooperativa en Bíomateriais, CIC biomaGUNE, e porque o campo no que está a traballar, a nanotecnoloxía, entronca co presente e futuro da xente nova e pode ser un referente no que se miren e lles anime a mergullarse no mundo da ciencia. Impartirá unha conferencia en Lugo o 8 de novembro. Teredes noticias sobre a mesma por se alguén pode sumarse.
Tamén se celebra o ano internacional das linguas indíxenas e, por esa razón, celebramos a primeira lingua de Galicia, a celta, tal e como contamos aquí, en celtia.org, desde Igaciencia. Efectivamente os nosos antergos falaban unha lingua coherente e atlántica como é a celta e non os gruñidos que algúns pretenden. E iso está escrito a lume na toponimia galega.
Neste caso o homenaxeado é Chomsky, un lingüísta creador da gramática xenerativa que dá pé para abordar moitas outras temáticas máis estritamente científicas: o term rewritten, a linguaxe Logo, as linguaxes de programación, os l-systems, as análises de ADN, a lingüística computacional e mesmo abordar un dos problemas máis importantes da Ciencia, se o cerebro e a consciencia xiran arredor da linguaxe, como xeradora da mente. O outro homenaxeado é Manuel Murguía, un dos poucos prohomes que si creía e defendía a nosa ascendencia celta.
Así convocamos O Congreso de lingua e cultura celta galega, o días 26 de outubro no CNTG, en Santiago, no que vos podedes inscribir e participar en http://www.igaciencia.eu/gl/node/322 Con homologación. Se les Celtia.org non cho podes perder.
- Log in to post comments