Hai moitas veces que o sentido común aplicado a un nome dun lugar galego pode decantarse pola versión latina ou celta con razóns equivalentes. O resultado pode ser un empate de posibilidades, unha indeterminación da palabra.
Nariga, explica un letreiro ao lado do Faro de Nariga, vén de Narica, nariz en latín, e ademais acae co lugar que é un saínte no mar que pode identificarse cun nariz.
A min o razonamento paréceme plausible, se non fose porque a evolución debería ser a nariz, como no galego ou castelán corrente.
Pero tamén me parece plausible que dado que un lugar sinalado no mapa que se introduce no mar de modo destacado, viñese o "rei" do lugar e o tomase para si: Isto é do rei, di en celta.
Cal é a solución? Coma centenares de casos máis precisaríanse de datos adicionais. Só confirmar que Nariga sería unha palabra celta galega válida. Perfectamente asimilable con Aranga ou Támoga.
- Log in to post comments