Ombre sempre foi un lugar e nome mítico para min, precisamente por suxeridor de significados falsos e imposibles como hombre (en castelán) ou sombra (umbría). As semellanzas sonoras a primeira vista enganan case sempre. Pero seguro que na toponimia "oficial" hai explicacións latinas que non vou ir buscar nin contradicir. Ninguén aceptaría que en toda Galicia se dixese home pola palabra castelán hombre e en catro lugares máxicos de Galicia fose "Ombre". Neste caso si, penso que non se ve posible e noutros casos, sen embargo, si.
Pero imos ao significado, supoñendo que é unha palabra celta galega:
Bre non existe nalgún dicionario de Irish actual. Noutros significa xacer. Pero en galo, Old Irish e outras linguas celtas bri e bre significa outeiro, elevado e así o traducimos as moitas veces que aparece na toponimia. Brí, en particular ten moitísimos máis significados:
animation » brí
argument » Brí
dash » Brí
denotation » Brí
drift » Brí
effect » Brí
force » Brí
gist » brí
import » Brí
meaning » brí
pep » Brí
pith » Brí
power » brí
purport » brí
sense » brí
significance » Brí
signification » brí
substance » Brí
vigour » Brí
vitality » brí
Significación, sentido, poder, esencia, forza, efecto, significado... No caso do Ombre de Pontedeume é outeiro ou ten ese outro significado? Mirando a foto da wikipedia
pode verse que outeiro, moi outeiro non é. Que casi temos que ir aos significados actuais de Bri que contamos.
Pero Om?
óm2 = ó mo :ó2.
ó2, m. (gs. ~, pl. óí; gs. uí used in surnames; npl. uí used in historical sept-names; gpl. ~& dpl. uíbh used in certain place-names).1. Grandson, grandchild; descendant. Mac agus ó, son and grandson. Níl mac ná ó aige, he has no one to succeed to his name, to his estate. (In counting relationships) An dá ó, second cousins.
Co cal temos, por primeira vez na toponimia celta galega o clásico O de O'Donnell e demais "netos de" irlandeses e o significado de Ombre vén a ser:
Os nosos fortes, vigorosos netos (incluso altos netos- todos os meus parentes da zona son moi altos- quen quere medir a altura nesas zonas para comprobalo?) ou recoñecidos netos, coas nosas esencias, cos nosos significados. Poidese ser a tradución.
A wikipedia di que
O topónimo Ombre pode referirse a:
Parroquias
- A parroquia de Ombre do concello de Pontedeume na comarca do Eume.
Lugares
- O lugar de Ombre da parroquia de Viceso no concello de Brión.
- O lugar de Ombre da parroquia de Almeiras no concello de Culleredo.
- O lugar de Ombre da parroquia de Vilanova no concello de Miño.
- O lugar de Ombre da parroquia de Pastor no concello do Pino.
- O lugar de Chao de Ombre da parroquia de Ombre no concello de Pontedeume.
Tamén é apelido.
- Log in to post comments