As miñas netas ván cos seus outros avós a Caión frecuentemente. Así que teño un fio familiar con Caión. Con Caión de Laracha porque hai, ao menos, dous Caións:
O topónimo galego Caión pode referirse a:
- Caión, parroquia do concello da Laracha;
- Caión, vila de dita parroquia;
- Caión, lugar da parroquia de Mañón, no concello de Mañón.
O Caión de Laracha está bastante documentado en novacarta.eu. É un porto de antiquísima tradición pesqueira e moita pesca nese tempo. Da balea, por exemplo, e ten un museo da pesca baleeira.
Exposición A historia da pesca en Caión. A pesca da Balea.
Onde hai mariñeiros e artes arriscadas teñen tamén moitos naufraxios e moitos mariñeiros desaparecidos. Así que é natural que un cento de veces desde hai miles de anos tivesen grandes e prolongados lamentos, choros e perdas.
Que é Caión? pois iso mesmo, lamentos, choros, lamentan en gaélico.
caíonn:caígh.
caígh, v.t. & i. (pres. -íonn, vn. caí, pp. -íte).Weep, lament. Duine, rud, a chaí, to lament (for, over) s.o., sth. Ní tú atá mé a chaí ach na páistí, I do not pity you but the children. É féin a bhí sé a chaí, he was concerned for himself only.
Aínda que os meus parentes opinan que tamén poderían referirse aos terribles lamentos e choros que o tempo invernal produce en Caión. Ondas xigantescas, ventos como ferintes laios, chuvias como choros,... Caión está na mar aberta e no comezo da Costa da Morte.
- Log in to post comments