Dodro é un concello coruñés, pero hai máis
Dodro pode referirse a:
- Dodro, concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Sar.
- Dodro, parroquia do concello de Dodro.
- Dodro, unha parroquia do concello coruñés de Arzúa.
do1, poss.a. (Lenites; written d’ before vowel or fh followed by vowel) Your (sg.). O teu
E, ademais duns dez significados máis, temos
do-4, pref. (Hyphenated before vowels, and before bh, dh, gh, mh, when followed by a, la, ra) 1. Impossible, extremely difficult, to. 2. Ill, evil.
Na miña opinión A túa liña, polo tanto ou A liña imposible. Referidas claramente a liña do río Ulla.
Se ben se traducimos dro por pesca como fixemos en Landro (dro significa liña e liña de pesca) teriamos un significado quizais máis axeitado: A túa pesca, na parroquia de Dodro era posible conseguir boa pesca do río Ulla.
Aínda que en tempos paleolíticos en Dodro, como era e significa o Miño, tiñan tamén unha liña imposible de cruzar, o Ulla. Máis aínda onde o río Ulla se funde coa ría de Arousa, como di a wikipedia.
Ou ben se miramos en novacarta.eu buscando Dodro (xa que a parroquia Dodro non aparece en google maps). http://www.novacarta.eu/gl/node/5323 podemos ver que a parroquia está no comezo da zona ancha do río Ulla, da zona na que empeza a ser máis difícil o paso entre as dúas beiras do río. O significado de liña extremadamente difícil (de pasar, de atravesar) é posible, é crible: ninguén pasará pola liña difícil -do río ancho- se, con dar un pouco de volta para atrás, pode cruzar pola zona estreita do río, de fácil paso. Aínda que falar de liña de pesca tamén ten sentido nun río.
- Log in to post comments