Bally, Baile na, e Vila

Submitted by admin on Sat, 03/24/2018 - 22:14

"Bally é un prefixo extremadamente común aos nomes de cidades de Irlanda, e derívase da frase gaélica" Baile na ", que significa" lugar de ". Non é moi correcto traducir a" cidade de ", xa que había poucas, se algunha, cidades en Irlanda no momento en que se crearon estes nomes.".

Na wikipedia se di que "unha vila é un núcleo de poboación dun tamaño intermedio entre a aldea, ou poboación, e a cidade, trátase dunha poboación que recibiu ao longo da historia certos recoñecementos explícitos, como determinados privilexios (por exemplo, o de celebrar feiras) da autoridade recoñecida, pero que, por razóns diversas, tampouco lle foi concedida a categoría superior, a de cidade. "

Hai unha certa dislexia entre Bally e Vila, xa que por esta dislexia pódese pasar dunha a outra palabra. Así non quedan Ballys en Galicia e si moitas Vilas (ademais, posiblemente Bally é posterior a época romana). A xente pode pasar dunha a outra palabra e entender a equivalencia, se fose o caso.

O que si que coincide o significado de Baile na, a preocupación extrema dos celtas galegos por dar un nome que explique e describa o lugar de, o lugar onde está unha determinada característica xeográfica ('praia amarela'), climática ("é quente"), ou doutro tipo. Claro que o describe en celta.

Veremos máis adiante como existen palabras celtas galegas que inciden nesa explicación e dan lugar a miles de topónimos- que describiremos- preocupados polo "lugar de" pola sinalización dos lugares galegos.

Non temos mapas, non temos escritura, temos que describir un lugar de forma breve, intelixible, e que describa o que se vai ver alí para que o poidan localizar outras persoas -se é o caso preguntando a terceiras persoas.

En que casos pudo haber confusión entre vila e bally? Xa que varias cidades e aldeas poden conter no seu topónimo a palabra "vila" e non ter ese estado, moitas veces ao herdar o nome das vilas rurais medievais, herdeiras das vilas romanas ou convertir as bally a Vila.