Nebril

Submitted by admin on Tue, 06/25/2019 - 13:19

Nebril parece que só existe en Cedeira, Nebril, Cervo, Cedeira Na toponimia

 
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
Nebril CEDEIRA Cervo (Santalla)
O Cal de Nebril CEDEIRA Cervo (Santalla)
O Cal de Nebril de Riba CEDEIRA Cervo (Santalla)
Nebril CEDEIRA Cervo (Santalla)

 

Temos   brill, s. Broit f.  que é broche e ne que eu supoño que significa non en celta galego (e que utilicei en Nelle, Seoane e outras). Como vedes, non só utilizo o gaélico, como me criticaban hai pouco, senón que teño que supoñer palabras propias de Galicia, que non existen no irlandés actual para chegar a traducir os topónimos.

Así os de Nebril non tiñan broches e iso chamaba a atención dos demais. Suxíreme a existencia de gran cantidade de broches de capas feitas con ouro que existen no museo Arqueolóxico de Dublín. Son impresionantes polo seu tamaño. Un broche de ouro de capa non ten porque ser xigante como os eran os destes tesouros, seguramente cerimoniais, atopados en Irlanda. Así que tiñan un valor especial que non se lle notaban aos de Nebril, en Cervo. Por certo, que, neste caso, o posible significado de Cervo como de quen veñen sendo? que contamos no seu momento acae con que se lle vexan chatas na vestimenta aos paisanos do lugar.

Como vedes, neste caso non existen moitos Nebril, polo cal temos pouca información sobre ese propio nome, pero o feito de que non haxa moitos indícanos que a maioría, ao menos na zona de Cedeira levaban eses broches. Arqueoloxicamente é así? Sería unha demostración final do significado da palabra, pero nunca o vin escrito: na zona de Cedeira abundan os broches nos castros, agás en Nebril.

Sería ben que alguén o puidese contrastar.

Por último dicir que ne aparece en irlándés na frase

ne'er, adv. =NEVER. Compatible perfectamente co que estamos a dicir: nunca broches é moi similar a non broches.