Hai dúas igrexas en novacarta.eu chamadas Obre. Onte fun a unha delas, en Paderne,
Igrexa de Santo André de Obre en Paderne
Igrexa Parroquial de Santa Mariña de Obre en Noia
Pois ben despois do visto ata agora parece claro o significado de Obre, Bre alto, outeiro e O neto- o mesmo que Ombre como vemos. Dado que fun alí poido explicalo mellor. A igrexa de Paderne
Igrexa de San Xoán de Paderne
está no lugar da fundación da vila (conxunto de casas celta). Ten a característica de ser unha igrexa dobre, con dous corpos diferenciados nos que o segundo corpo (senón os dous) ten toda a pinta, polas súas ventás pechadas e estreitas-de defensa- de ser un edificio administrativo da época celta. Tal vez un centro de pagaduría?
Parroquia preto desta é Quintás que ten un letreiro con Quin (parentes unicamente) Ver Igrexa de Santo Estevo de Quintas. Estaban aquí os militares de Quintás? O do letreiro con Quin unicamente parece un intento de borrar o tás de quintás e presumir de quintas romanas. Así oficialmente o lugar é Quintas e non Quintás.
Este lugar de Paderne é unha extensa chaira. No mapa Obre parecía lonxe, pero chégase enseguida. Desvíase un cen metros pola estrada a Betanzos subindo e non estamos nun outeiro, estamos na mesma ampla chaira de Paderne, pero no comezo da caida de altura. Bre ten ese significado de caida dunha zona alta a outra baixa máis que outeiro, montaña en pico? Pois non o sei. É unicamente un só exemplo, pero ten toda a pinta.
O que si queda claro é que a Vila administrativa Paderne tiña un lugar preto con Quin, parentes, e outro lugar no alto dos "netos".
- Log in to post comments