Hoxe estou en Linz (Austria) asistindo ao Congreso de Arte e Matemáticas Bridges 2019. Cheguei pola tarde á estación de tren de Linz, capital da Austria superior, que ten un letreiro que pon Hauptbahnhof. En Linz hai varias estacións. Na anterior á propia de Linz non se parou o tren.
Imos supoñer que estamos traducindo en forma semellante ao celta galego, á toponimia celta galega. Primeiro dividimos a palabra en tres, probablemente Haupt (que xa escoitei en Hauptplatz, tamén en bahn (que aparece noutras moitas outras palabras relativas ao tren ) e na que queda, hof.
Busco no dicionario Haupt e vexo cabeza, principal.
Bahn tradúcese por tren.
E hof por corte (no caso do tren, mellor parada, non?)
Así que Bahnhof fala de parada do tren, ou mellor dito, estación, que é onde os trens paran.
Engadimos o significado de Haupt, principal, e temos a estación principal de tren, ou reaxustando, quizais, Estación central de tren, que é a tradución de Hauptbahnhof. En inglés diríamos Central Station.
O proceso de creación de palabras con significado intelixible no alemán moderno é do mesmo tipo, da mesma natureza que a creación de palabras celtas galegas da toponimia, e a forma de deconstruír, achar o significado, segue un proceso semellante. O que estamos a facer en celtia.org é un proceso totalmente semellante ao que fixeron os alemáns coa súa lingua (miles de anos despois que os celtas galegos).
- Log in to post comments