Fun hai 2 días ata San Cristovo de Novelúa, unha preciosa igrexa románica en Monterroso, o cal traéme á mente tres reflexións:
-San Cristovo, un Santo lendario. é dicir imaxinario, co que a Igrexa cristianizou algún deus pagán. Semellante a Bríxida, deusa celta que conservou o mesmo nome como santa. Polo número de parroquias que se chaman Cristovo na wikipedia (case 20) dá idea da importancia do deus primitivo anterior en Galicia. A algún destes santos lendarios hai pouco a Igrexa devolveunos ao limbo, fixoos desaparecer do santoral.
--O nome da igrexa é celta e significa nova pequena. En efecto a igrexa é vella, non nova, pero nalgún momento debeu ser nova (ou cambiada de lugar e dun porte máis pequeno que a igrexa celta orixinal, do nome podemos deducir algo da sucesión de feitos). Se a vemos hoxe non parece tan pequena porque un enorme torreón se lle engadiu á igrexa en séculos posteriores.
-As fotografías que tirei reforzan ese carácter celta do lugar e o engano da torre engadida a maiores. En realidade a igrexa é pequena Novacarta
Outro San Cristovo, o de Nemiña ten un templo moi pequeniño aumentado nos séculos posteriores, tamén. Ser pequeno é unha características dos templos a San Cristovo? O de Merín, Vedra, hoxe xa non existe, pero engadíronlle tamén unha torre e ten a mesma cruz celta.
- Log in to post comments