Iris

Submitted by admin on Fri, 08/02/2019 - 21:46

Refírome ao Irís  que visitei hoxe en Cabanas. Non sendo ese hai trece significados de Iris:

O termo iris pode referirse a:

Pero aquí falamos de toponimia, e máis precisamente de toponimia celta. Que pode ser Iris?

Pois i-en ris-descuberto.

ris2, adv. Bare, uncovered, exposed.

Para entender que é así hai que visitar o lugar:

Igrexa de San Estevo de Irís

De moi difícil entrada -pasando sobre a estrada e a autopista-(aínda que os do lugar din que se enche de coches aparcados -que non caben alí- para facer unha ruta polas fragas do Eume, pois en Balvís, as Fragas teñen unha posible entrada).

Pero cando un está en Iris parece que ve un lugar de Marte, ve o río Eume preto do esteiro, pero desde un lado non habitual, nunca visto por min e que se pode ver nas fotografías de novacarta. E se vemos varios quilómetros de río polas dúas beiras quere dicir que seremos visto desde varios quilómetros á redonda-imaxinemos polos pescadores ou cazadores recolectores que usen o río. Estamos ao descuberto. Somos visibles a distancia, iso quere dicir Iris.

Tamén é apelido.