Nese mesmo viaxe a Fonsagrada tes que pasar por Vilardongo. Vilardongo é unha palabra moi próxima a Viladonga, no concello de Lugo. Cando estudamos Viladonga había varias posibilidades de significado. Sen embargo, o primeiro con sentido para min é o de Bally de vixilancia. Quizais non nas últimas etapas do castro de Viladonga, senón con anterioridade, os castros de Lugo (Viladonga está a 17 km de Lugo) deberían ter conxuntos de casas, ou unha caseta de vixilancia, nas chairas próximas a Lugo, para poder ver se avanzaba algunha incursión de inimigos. Hoxe vas ata alí e non o ves. O castro esta rodeado por piñeirais e outras árbores que impiden ver a liña do horizonte. Polo tanto non podes nin imaxinar que desde o castro se vixiaba nada. Non se ve nada que vixiar. Sen embargo, cando te achegas a Viladonga pola estrada ves que o castro está nun monte pequeno totalmente rodeado de árbores.
Entón é o momento de falar da contaminación eucaliptal de Galicia. Como a contaminación lumínica das cidades impide ver o ceo estrelado, ese marabilloso ceo estrelado co que percibes a absoluta pequenez do teu ser, e incluso da mesma Terra. Tanto miramos para os aparellos electrónicos que chegamos a crer que a realidade é un holograma, como afirman algunhas teorías científicas. Ademais, o gasto enerxético nocturno que se ve desde as estacións espaciais (ainda que só na parte europea e de América do Norte) e outra consecuencia do noso malgasto. Malgastamos contaminación lumínica.
Pois cos eucaliptos pasa o mesmo. Non sei cal sería a porcentaxe apropiada de eucaliptos que nos deberiamos permitir como país (como individuos avaros xa o sabemos, o 100%). Pero o que é unha pasada son os eucaliptos invasores dos miradoiros. Hai moitos miradoiros declarados por Turismo como tales, e acompañados dun gran traballo de preparación, de creación dunha contorna adecuada, de noiros (taludes) de granito e outros, que cando chegas a eles están agochados tras un manto de eucaliptos. Vou poñer dous exemplos que coñezo, pero supoño que hai un cento: O miradoiro do monte de Breamo ten unha fervenza de eucaliptos tapando a visión e o miradoiro da Espenuca (un miradoiro de 360º que debe ser impresionante de ver limpo) só ten uns 10º de visión na dirección da igrexa do monte. Todo os demais graos son visión de eucaliptos.
Polo que, desde aquí, solicito que Cultura-Turismo prohiba ocultar os miradoiros naturais, sobre todo, con eucaliptos. Deben estar prohibidos nas proximidades de certos miradoiros. Hai que defender o patrimonio visual galego por riba do negocio de catro listiños. É un dereito de todos os galegos do mesmo xeito que as estradas son un dereito de todos os galegos que priman sobre os deretos dos propietarios das terras onde pasan. Os galegos temos dereito a ver as paisaxes que vían os nosos antepasados, a ver a nosa historia. Tanto en Viladonga, coma en Breamo ou na Espenuca. Paisaxes visuais limpas xa!.
Pero volvamos a Vilardongo. Visualmente, e non ten árbores de momento, é o único lugar preto da Fonsagrada onde é posible ver unha paisaxe de varios km de maneira máis ou menos nítida (dependendo do día e da túa visión). Polo que é o lugar apropiado para ter ao menos unha casa de vixilancia.
Algún dicionario di que don é atención, vixilancia como contamos na entrada cendón. No gaélico actual non o pon. Pero penso que Vilardongo é o máximo exemplo, sen contaminación das árbores, de que don significaba iso en Galicia de hai 2000 anos e máis. O go e o ga son sufixos que poden explicarse con que e en.
Vilardongo, Vilar que vixía, de vixilancia. Viladonga, Vila en vixilancia, de vixía.
Supoño que os que pasáchedes varias veces por Fonsagrada poderiades dicir, con razón, que Vilardongo non é o único lugar de gran vista dun horizonte moi amplo preto de Fonsagrada. Tedes razón. Non é o único lugar de gran visibilidade actual. O alto que vén nas proximidades ten unha vista inmellorable. Agora mira as paredes sobre as que esta cortada a estrada: non teñen nin 60 anos. Non existían hai cen anos e menos hai 2000. As estradas de hai 2000 anos son carreiros actuais. Vilardongo si era un lugar de vixilancia.
- Log in to post comments