Sillobre

Submitted by admin on Sat, 08/17/2019 - 10:37

Fun onte ata Sillobre e o que vín é o seguinte: Unha Igrexa con aparencia moderna (unicamente a fachada principal) pero que conten unhas posibles bases célticas. Dedicada a Santa Mariña. Se un le moitos artigos galegos ou o libro de Rafael Quintía Pereira, MARIÑA: DE DEUSA A SANTA,  sabe que a Santa Mariña é unha cristianización dunha deusa celta galega, quizais, Brigit; en Irlanda cristianizada como santa Bríxida.

Igrexa de Santa Mariña de Sillobre

Entón temos Sí

3, 3 sg. f. pron. She; it (usually referring to f. noun). (Subject of verb, not used with copula) Phós ~ é, she married him. an oíche fuar ach níl ~ fliuch, the night is cold but it is not wet.   Sí significa ela (neste caso a deusa).

= .  (día e en certos contextos lo ou la convértese en llo ou lla)

bre diciamos que era galego falando dun outeiro e na última entrada de bre dubidada se tiña relación con visión a distancia, visión ampla. Para entendernos, en moitos lugares de visión ampla bre non o serían xa pois están cheos de eucaliptos. Seguen a ser outeiros, pero non teñen visión, xa non son bre.

Pois ben, Sillobre no alto da Igrexa ou a un centenar de metros máis arriba segue a ser bre (nese sentido que acabamos de contar). Ten unha moi ampla visión da ría de Ferrol. De modo inesperado, porque parece que estás rodeado de alturas que tapan a vista, pero non. O "monte " de Sillobre é un monte de moi pequena pendente, unha ladeira suave, polo que a visión non está entorpecida pola altura traseira, vemos de modo case igual o comezo do día e a posta do Sol.

Así que Ela (a deusa) ten  (ou concédenos) unha visión a distancia (bre) durante todo o día (llo) ou en todas direccións do día.

Esta é a miña aproximación ao significado celta de Sillobre.