É un film de Denis Villeneuve que contan que trata "cando unha misteriosa nave aterra no noso planeta, a lingüísta experta Luise Banks lidera un equipo para investigala. Mentres que a humanidade balancéase sobre o bordo dunha guerra mundial, Banks (Amy Adams) e o seu equipo buscan respostas contra reloxo. E para atopalas terán que poñer en perigo a sua vida e, seguramente a de toda a humanidade"
Por qué vén a conto en celtia.org esta película? Por que nos primeiros minutos da película falan do galego, o portugués e do Reino de Galicia, explicando que o portugués é un idioma que nace no reino de Galicia, que é unha lingua moi diferente das demais linguas romances, e -explica a protagonista- o é porque no reino de Galicia consideraban a lingua coma unha arte.
Pode ser, e poden ser unhas flores non moi merecidas. No reino de Galicia prodúcese unha lingua romance diferente nun doloroso parto e evolución ou transición imposta cara o latín dun pobo que non quería deixar a súa lingua celta, que posiblemente había creado hai miles de anos- antes incluso de que os cabaleiros indoeuropeos existisen- e nese parto dolorosísimo xurde o galego-latín e o portugués, un romance raro con dous pais, o latín e o celta.
Por outra banda gustoume moito a película polo seu esforzo por descifrar unha lingua alieníxena, algo semellante ao que intento facer desde celtia.org, coa diferenza que a lingua non é alieníxena senón que resona no meu cerebro coma se vivise hai 8000 anos en Galicia. Na película á protagonista pásalle algo parecido, non distingue ben entre pasado e futuro...
Ademais fala da teoría de Sapir-Whorf, de como a lingua que falas moldea o teu cerebro, unha teoría semellante a que quería que o meu amigo Mario contase no Congreso de cultura celta en novembro. Para min é a lingua, unha lingua evolucionada, é a que crea un cerebro evolucionado do home sapiens, capaz de facer conexións artísticas e de todo tipo que se producen desde hai 30.000 anos.
A definición de guerra en sánscrito da película "desexo de máis vacas" é xenial. Os suevistas galegos dirián que a oportunidade de usar os machados, ou algo semellante. En fin, que Mario non conte sobre o cerebro e Pepe non conte as gramáticas de Chomsky -di que calquera informático de Coruña o debe saber- son un fallo do Congreso. Non se pode conseguir todo. Pero a peli, esta peli, é un motivo e causa de meditación sobre a lingua. Sobre o galego e a razón de porque é unha parte indisoluble da nosa cultura. Moldea o noso cerebro.
- Log in to post comments