Vilidón

Submitted by admin on Fri, 08/23/2019 - 15:58

Nese mesmo viaxe a Aranga da entrada anterior pasei por Vilidón, un letreiro na estrada  e unha pequena estrada que sube ao monte e que tamén pon un letreiro Vilidon. Como se tivésemos Vilidón de Abaixo e Vilidón de Arriba. Na actualidade na zona de Vilidón da estrada a Aranga non hai casas polo que a parte de "Vila" debe estar arriba, no monte.

Vilidón, Muniferral, Aranga

Unha Vila+dón algo deformada, unhas casas de vixilancia e defensa de Aranga, é o que hai que supoñer. Pero é así realmente? Na zona de Vilidón vese ao lonxe? Pois non podo dicir nada de Vilidón de Arriba, incluso é posible que non se vexa demasiado pola extensa vexetación de arbores que o rodean (hoxe en día, no tempo da vixilancia estaría desbrozado, supoño). Pero si podo afirmar que maxicamente arredor do letreiro a estrada fai unha onda con máximo en Vilidón e desde alí vese a distancia, era posible vixiar aos intrusos antes de que chegaran a Aranga.

Ben a maxia son dous regatos que en miles de anos recortaron antes e despois do alto de Vilidón.