Levamos xa confirmada a posibilidade de que dón refirase a un lugar de vixilancia entre tribus ou de invasión extranxeira. Levamos confirmada a hipótese de que rís era moi importante para ver e ser visto a distancia. A cultura da visibilidade celta galega parece que se asenta. Confírmase a estrutura de defensa da patria dos celtas galegos, a estrutura de defensa da nosa patria era fundamental. Xa confirmamos que distinguir os lugares quentes (te) ou non tamén era fundamental (quizais nunha época miles de anos anterior, de asentamento).
Estas son as razóns de que a toponimia galega estea inzada de te-quente, dón-vixilancia ou rís-uncovered, ao descuberto.
Analicemos o caso de dón e podemos dicir que con dón ou variantes podemos chegar ata 700 topónimos celtas galegos (de entre os rexistrados). De entre eles hoxe apuntamos a cordón. O lector atento, despois do dito, xa sabe como se traduce (non que facían cordóns para os zapatos) senón lugar de vixilancia. Cor, lugar, dón, vixilancia. E cantos hai? moitos...
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
O Cordón | BOQUEIXÓN | Loureda (San Pedro) |
O Cordón | CEDEIRA | Cedeira (Santa María do Mar) |
Montes do Cordón | COIRÓS | Coirós (San Xulián) |
O Cordón de Abaixo | COIRÓS | Santa Mariña de Lesa (Santa Mariña) |
O Cordón de Arriba | COIRÓS | Santa Mariña de Lesa (Santa Mariña) |
Camiño do Penedo Cordón | PONTECESO | Cospindo (San Tirso) |
Penedo do Cordón | PONTECESO | Cospindo (San Tirso) |
Cruceiro do Cordón | CASTRO DE REI | Santa Locaia (San Pedro) |
O Cordón | CASTRO DE REI | Santa Locaia (San Pedro) |
O Cordón | CASTRO DE REI | A Azúmara (San Xoán) |
Cordón | COSPEITO | Muimenta (Santa Mariña) |
O Cordón | XOVE | Lago (Santa Eulalia) |
O Cordón | MONDOÑEDO | Sasdónigas (San Lourenzo) |
O Cordón | VIVEIRO | Galdo (Santa María) |
Baixada do Cordón | BURELA | Burela (Santa María) |
Cordón | BURELA | Burela (Santa María) |
O Cordón | BAIONA | Baiona (Santa María de Fóra) |
O Cordón | BUEU | Beluso (Santa María) |
O Cordón | CANGAS | Darbo (Santa María) |
O Cordón | MOAÑA | Moaña (San Martiño) |
O Cordón | MOAÑA | Tirán (San Xoán) |
O Cordón | MOAÑA | Tirán (San Xoán) |
O Cordón | MOAÑA | Moaña (Virxe do Carme) |
O Cordón de Arriba | MOAÑA | Moaña (San Martiño) |
O Cordón | TOMIÑO | Estás (Santiago) |
O Cordón Longo | VIGO | Coruxo (San Salvador) |
Cordón, O | CASTRO DE REI | Santa Locaia (San Pedro) |
27 topónimos. O feito que haxa cordóns na ladeira do Pindo -Cospindo- abunda na defensa e vixilancia dos lugares sagrados ademas das poboacións. A moral da xente tamén dependía das súas crenzas e fantasías. Tocadas estas, todo se viña abaixo. Así que cómpría defendelas.
O mesmo, quizais, habería que comentar de Tirán-Casa nobre, en Moaña. Naturalmente, as casas dos xefes deberían ter vixilancia.
En conxunto, apuntando un mapa cos 700 topónimos dón teriamos un mapa aproximado das distintas tribus, quizais, nun momento determinado cando se extenderon os dóns. O que si é claro é que os topónimos dón advertían a poboación de que alí ias ser investigado. Se ías en grupo e con armas poderías ter problemas. Polo tanto eran útiles de aprender, mencionar e lembrar, senón querías ter problemas.
Non son o resultado dunha mente infantil que fala de cordóns -como algúns entenden a toponimia- senón de algo real, da vida mesma. Tan real como a vida mesma.
- Log in to post comments