Brandariz

Submitted by admin on Sat, 09/21/2019 - 11:28

Pasei polo pazo de Brandariz, en Ortigueira,

Pazo de Brandariz

para comprobar a tesis de riz=ris, unha zona ao descuberto. Efectivamente é así, un lugar ao descuberto, na ladeira dun monte e visible desde Ortigueira e desde gran parte do lado esquerdo da ría de Ortigueira, como se pode contemplar en moitas imaxes de novacarta.eu, prmeiro a gran inclinación do monte desde o Asilo (ou a baixada que se ve nas fotos). E na foto das casas do monte.

Pero, primeiro, cantos brandariz hai? Di a Wikipedia que

O topónimo Brandariz pode referirse a:

Amais, como apelido pode referirse a:

Véxase tamén

Outros artigos

  • Brandarís (en Bardaos, Tordoia)

Como supoñeredes estamos falando de Branda+ris (e non riz, xa que riz non pode ser unha palabra celta)

Que é branda?

branda1 fir4 marc a chuirtear ar rud lena thaispeáint leis é a rinne é

branda2 fir4 biotáille a dhéantar as fíon brandáil bain3

ou sexa, en galego,

marca1 marca fir4 para amosar quen o posúe ou quen o fixo, Por certo a palabra brand, co mesmo significado, inglesa, é celta?, e polo tanto galega?
licores feitos a base de viño ► marca. 

Pois, finalizamos, Brandariz, mellor Brandarís, é unha marca ao descuberto, visible desde todos os lados, que se quere que sexa vista, precisamente para amosar quen a posúe ou quen a fixo. Seguramente a tribu, o rei,  indicando que esa terra xa está tomada, e, quizais, defendida.

Citemos que estamos crebando a regra de ouro dos "clásicos" galegos, que din algo como isto "dos que proveñen outros topónimos do concello (Astrar, Brandariz, Cartimil...) e que se comentarán máis adiante, introducíronse no galego a partir do século v e logo volveron poñerse de moda nos séculos x e xi, pois evocaban a vella nobreza sueva e visigoda." Síntoo, eu non vexo riz como suevo ou visigodo, senón celta e o que xa me parece o colmo é que mil unha clara palabra usual celta de mel con 1400 topónimos en toda Galicia sexa vista como evocación "da vella nobeza sueva e visigoda", séculos despois. De pronto, no século X ou XI os galegos alucinan e poñen nomes de nobres (que xa non saben nin quen son, nin que significaban, nin que fixeron) aos lugares onde vivian. Todo dunha lóxica aplastante,  reflexando, iso si, que nese século os galegos aumentaron o seu atraso mental dándolle nomes incomprensibles a lugares nos que vivían.