Escairo

Submitted by admin on Mon, 09/30/2019 - 17:15

Hoxe, un amigo, despois de explicarlle o Congreso Celta Galego (aínda non vos apuntáchedes?) preguntábame que era escairo. Primeiro di a wikipedia que

O topónimo galego Escairo pode referirse a:

O Escairo, lugar da parroquia de Mourence, no concello de Vilalba.

Esca xa o explicamos nunha entrada propia que podedes visitar: esca en old irish significa Lúa. 

Esca

 

e iro o dixemos en varias entradas i+ro=en demasiado= en demasia, que aquí signfica que neste lugar a Lúa é perfectamente visible, (hai demasiada Lúa, polo tanto moita luz) e polo tanto os que pasan por alí, animais ou persoas, son perfectamente visibles, sobre todo con Lúa chea o cal é útil para a) se eres un cazador, agocharte e dispararlle as pezas de caza visibles, con comodidade.

b) Se eres un fuxitivo, que che están perseguindo, non se che ocorra pasar por escairo, procura ir polo bosque.

c) se eres un perseguidor, e o teu perseguido entra en Escairo, sabes que tes boa sorte e o vas poder atrapar.

En resumo, ese nome, como toda a toponima celta galega ten sentido, ten utilidade, son nomes necesarios (ao menos no seu tempo). Os absurdos egos e Gundemaros non lle interesaban a ninguén.

Por certo, Escairo ten un significado moi parecido a Escarís ou Escariz (ver a entrada respectiva e non a Escairón- ver a entrada correspondente)

Un día despois, vendo nos xornais unha foto dun cazador nocturno de xabarís, con arco, en Lugo, sorprende que:

Como fixeron a foto nocturna sen flash? Unha foto infravermella seguramente.

Se na imaxe non había nin unha soa pinga de luz, como podían ver os arqueiros? Seguramente con aparellos de visión nocturna que se ven nas películas americanas.

O que quero contar que hoxe non é hai 2500 anos.  Hai 2500 anos necesitábase ver sen ser visto, esca, lúa, pero non demasiada. Hoxe as cousas cambiaron a peor para as présas. Aínda na noite máis escura pode verse coa luz infravermella. Antes non.