Sar e Belesar

Submitted by admin on Sat, 10/12/2019 - 11:25

A wikipedia di que

O topónimo Belesar pode referirse a:

 

E eu vou facer algo que non procuro facer moito, porque ten máis desaprobación: dividila palabra Belesar en tres palabras. Pásalle como dicía Stephen Hawking en "Breve Historia do tempo" das ecuacións dun libro. Por cada unha que poñas perdes a metade dos posibles lectores (ou algo así). En Celtia, por cada palabra  que dividas en tres palabras perdes a metade dos lectores e gañas a desaprobación deles. Todo o mundo querería que os topónimos celtas galegos fosen palabras enteiras, perfectamente traducibles. Eu tamén. Bullán=Bullock é perfecta. Nada que dividir nin modificar,  Laracha=eguas, é perfecta. Aínda Catoira=Catóir=rizador é perfecta (ainda que tamén podería vir de Cathaoir=silla), pero Belesar....

Belesar=Be+le+sár

Be (ser o estar)

le1, prep. (Pron. forms:liom, leat, leis m, léi f, linn, libh, leo)(Prefixes h to vowel, becomes leis before article. S.a. an1. Combines (i) with possessive adjectives a, ár to form lena, lenár, (ii) with relative particles a, ar to form lena, lenar) With; to, for; by, against

E un cento de significados máis precisos en cada contexto, que non imos poñer aquí.

E sar? Podería ser outras cousas pero a que escollo é:

sár-3, pref. 1. Exceeding, surpassing; excellent; ultra-, most. 2. Ch: Per-

Lembramos agora o río Sar, un río pequeno, con leitos moi pequenos, que se excede ou desborda en certos momentos.

E traducimos Belesar por Está con excesos, con desbordes (ao menos unhas certas partes do ano). Ou, máis entendible: ten riadas, inundacións.

A efectos práticos está avisando que construír unha casa, unha construción permanente, un castro na ribeira do río e nesa zona de Belesar, é coller todas as rifas para que esa construción sexa sobrepasada ou inundada polo desborde do río nalgún momento do ano.

A tradución doutro tradutor de Be le Sár por excepcionalmente abunda no mesmo, se lle engadimos implicitamente "se inunda" ou o vemos como "non sempre é así".

Por último, o documento gráfico actual documentando as inundacións do río Sar non hai moito tempo(el correo gallego 21-12-2019)