Morno, morna e mornán

Submitted by admin on Tue, 11/05/2019 - 12:55

Either from Old French morne (“gloomy”), or directly from a derivative of Proto-Germanic *murnaz (“worried, sorrowful”). Di o wikionary.org

Vexamos, a RAG di que morno é Lixeiramente quente. Toma o leite en canto está morno. Corría un aire morno que facía pesado o ambiente. SINÓNIMOS temperado, tépedo

Vexamos en gaélico

mornán, m. (gs. & npl. -áin, gpl. ~).1. Piggin, pail. ~ bainne, pail of milk. ~ bainne a ól, to take a large drink of milk. 2. Pail measure. ~ mine, a measure of meal. 3. Low-sized, tubby, person.

  É dicir, fala con dous exemplos de milk, leite, como o morno galego, quizais pail é cunca, cuxo mellor exemplo é a cunca de leite.

As dúas definicións usan o mesmo exemplo do leite, polo que, ainda sabendo que a dedución non é 100% perfecta, é 100% mellorable, vouna poñer. Pero éche o que hai...

Supoñamos hai 5000 anos falábase en celta de morno, morna como o nome do leite. Pasan uns miles de anos e quedan en Galicia unha das propiedades do leite (morno, sae da vaca morno, é o estándard da definición de morno). En Irlanda queda mornán que se refire non a temperatura senón ao cuberto co que se bebe o leite. Pero as dúas palabras están emparentadas, ainda que sexa hai moito tempo.

A pregunta do millón é se pese a todo a versión que dou é moito mellor que a través do Old French gloomy=sombrío ou do Proto-alemán preocupado, triste. Para min, non hai dúbida, entre outras razóns porque as palabras non están conectadas en significado e non nos consta que viñeran a Galicia nin os do Old French, nin os do Proto-Germanic.