A wikipedia di
O topónimo galego Atán pode referirse a:
- Atán, parroquia do concello de Pantón;
- Cima de Atán, lugar de dita parroquia;
- Atán, lugar da parroquia de Mazaricos, no concello de Mazaricos.
Véxase tamén
Outros artigos
Que é atán en gaélico?
atán, m. (gs. & npl. -áin, gpl. ~). Cap; caputium.
Polo tanto gorro, capucho. Os primeiros monxes gaélicos-cristiáns usaban capuchos? Ou en Atán fabricaban gorros?
En novacarta vemos como a igrexa ten o símbolo celta do románico.
Santo Estevo de Atán
A wikipedia aboa a idea dos primeiros monxes galegos falando celta, xa que di que
Fundado por Odoario, bispo de Lugo, nos albores da monarquía ovetense nun momento previo á plena integración da Galicia nuclear no reino astur-galaico, denantes do 747: «Item in ripa minei territorio uocitato licino monasterium sancti stephani wallis athane quod ex propia familia extipaui et radice fundamentaui».[1][2] Sería manifestación da persistencia no país dunha continuidade histórica non interrompida pola invasión árabe de Hispania.
É moi posible que teña as súas raíces nas comunidades eremíticas da Ribeira Sacra que se remontan á época do Reino Suevo como consecuencia do proceso de cristianización impulsada por Martiño de Dumio. Na segunda metade do século XII, en plena efervescencia do monacato galego foi obxecto dunha ampliación e reedificación.
- Log in to post comments