Camelot

Submitted by admin on Sat, 12/21/2019 - 15:04

Onte estaba vendo un programa de Discovery Channel sobre o rei Arturo. Pasaban por zonas típicas asociadas a Arturo como Titangel, Gales e, ainda, Escocia. Efectivamente non falaban de Galicia pero traducian Camelot como fariamos aquí, en Celtia. exactamente igual. Un historiador escocés explicaba varios posibles sitios artúricos en Escocia, coma o castelo de Stirling, un monte próximo a el e un lago que asocia a Camelot. Porque Camelot, explica, en gaélico, é Cam, torto e loch, lago. Un lago torto, con recovecos curvos  como o que vemos nese programa.

En realidade, o historiador escocés é un seguidor meu, ou unha persoa que aplica o sentido común e a lóxica á etimoloxía de Camelot. Creo na última idea. Claro.

En resumo a idea de que Camelot sexa un lago torto - seguramente sexa equivocada- e aínda máis que Camelot estivera nese lago torto de Escocia. O que é de sentido común é dividir a palabra desas linguas célticas para buscar a etimoloxía, ainda que non sempre ten que ser así, ou estar de acordo coa realidade.